vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Goberno de Galicia anuncia que mantén “conxeladas” as taxas universitarias que estarán en 11,89€ por crédito

Posted by on May 24th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente do Goberno de Galicia asegurou este mércores, logo do Consello-que celebrouse no Parlamento- que o curso 2017-18 seguirán “conxeladas” as taxas universitarias. Así, no caso dos graos universitarios, subliñou, o prezo medio das primeiras matrículas de grao -que representan o 78 % do total-  mantéñense en 11,89 €/crédito, “o máis baixo de España e menos da metade dos 25,14€ de comunidades como Cataluña”, e, no caso dos máster os prezos son “os segundos máis baixos”, cunha media de 26,49€, o que supón, “11€/crédito menos que a media estatal e moi lonxe dos 65,87€/crédito de Cataluña”.

“Mantemos as taxas das Universidades públicas galegas como as máis baixas de España porque estamos convencidos de que é o xusto: para os estudantes, que deste xeito non terán que quedar fóra do ensino universitario por causas que non sexan puramente académicas; e para Galicia, porque así garantimos que os títulos universitarios se obteñan en función do talento e o esforzo de cadaquén, non da súa renda familiar”, subliñou o presidente Feijóo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM