vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es e Coruxo F.C. impulsan ‘Aprendendo a xogar’ no que participarán máis de 1.000 nenas e nenos

Posted by on May 23rd, 2017 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o Presidente do Coruxo F.C., Gustavo Falcó, presentaron este martes en Vigo a cuarta edición do campus “Aprendendo a xogar”, co que a institución provincial colabora. O programa, que está dirixido a nenas e nenos de toda a provincia nados entre 2002 e 2011 -de entre 6 e 15 anos-, celebrarase entre o 26 e o 30 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións do Coruxo F.C. e do Club de Campo.

Silva asegurou que a cuarta edición de  “Aprendendo a Xogar” se converterá nun acontecemento “extraordinario” e  de grande calidade técnica. Ao respecto, subliñou o incremento do número de nenos e nenas que se están a inscribir pasando “das 780 nenas e nenos que participaron o ano pasado aos 1.050 participantes procedentes de toda a provincia de Pontevedra que, a día de hoxe, están inscritos”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén quixo agradecer o papel “das adestradoras e adestradores, das voluntarias e voluntarios, e de todas e todos aqueles que están a formar e a traballar no ámbito deportivo, facendo e construíndo provincia e impulsando actividades que, sen dúbida algunha, quedarán marcadas nas mentes das nenas e dos nenos e nos permitirán construír mellores cidadás e cidadáns”.

Carmela Silva salientou que, amais da práctica de ata 30 modalidades deportivas, “Aprendendo a xogar” tamén achegará ás pequenas e pequenos formación en primeiros auxilios, igualdade de xénero, xogos populares ou ata reciclaxe.

Pola súa banda, o presidente do Coruxo F.C., incidiu na importancia da colaboración da Deputación de Pontevedra, “que está cada día máis interesada e participativa coa organización deste campus e nos incentiva para que o fagamos un pouco mellor cada ano”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM