vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@Xunta abre o prazo para pedir axudas para a compra de libros de texto ou acceder ao fondo solidario

Posted by on May 22nd, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Dende este martes, día 23 de maio, e ata o 23 de xuño estará aberto prazo para que as familias poidan solicitar axudas para a compra e préstamo de libros de texto para os alumnos que estuden Educación Primaria, ESO y Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.

O Diario Oficial de Galicia publica este luns orde da Consellería de Educación cun orzamento total de preto de 12,4 millóns, a maioría para financiar o sistema de préstamo.

Poderán beneficiarse alumnas e alumnos matriculados en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e neste fondo a asignación de libros farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

Nos outros cursos- 1º e 2º de Primaria e Educación Especial. O sistema será o de axudas á compra de libros para familias cunha renda inferior a 9.000€ anuais e as cantidades serán de 90€ coma mínimo e 170 coma máximo- para Primaria- e 250€ para Educación Especial.

Polo que se refire aos vales’ para material escolar, convócanse axudas para a compra a alumnas e alumnos de Primaria, ESO e Educación Especial. Os beneficiarios deben ter unha renda familiar igual ou inferior a 5.400€.

As solicitudes poderán presentarse nos propios centros ou nos rexistros oficiais establecidos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM