vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Urxencias do Cunqueiro estrea área de boxes pensados para mellorar a intimidade dos pacientes

Posted by on May 22nd, 2017 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O servizo de Urxencias do Cunqueiro estreou este luns unha área de boxes renovada, cuns espazos “readaptados para dotalos de maior confortabilidade tanto para os pacientes como para os profesionais”, segundo indica a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo. En concreto, o obxecto desta medida era “reordenar e delimitar a superficie espacial para mellorar a intimidade dos pacientes e as condicións de traballo do persoal”.

Unha  vez rematada esta primeira fase do proxecto global de melloras de Urxencias,  estanse valorando novas propostas para seguir adaptando este servizo á evolución das dinámicas de traballo dos profesionais e ás necesidades asistenciais de pacientes .

O Servizo Galego de Saúdde (SERGAS) asegura que, ademais das medidas estruturais, o servizo de “Urxencias ten experimentado importantes incrementos dotacionais”.  Hai que lembrar que trala unificación de ambos servizos do Xeral e Meixoeiro no Alvaro Cunqueiro, “o seu cadro de persoal incrementouse con 30 profesionais  máis. Así,  hoxe en día nesta área traballan 322 profesionais”.

Por categorías, o servizo conta cun coordinador, 63 médicos, 91 enfermeiras, 59 TCAE, 89 celadores, e 20 auxiliares administrativos. Este persoal está dedicado exclusivamente á atención de Urxencias de adultos. Ademais, hai que engadir os 75 médicos especialistas que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) dispón para atención en gardas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM