vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Tres mortos e 50 feridos esta fin de semana nas estradas galegas

Posted by on May 22nd, 2017 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 19, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 50 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros,   as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 36 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 42 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 5 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM