vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@FeijooGalicia adianta que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís”

Posted by on May 22nd, 2017 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este luns, durante unha visita á Fundación Amancio Ortega, que “as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís”, co compromiso, reiterou, de ‘lista de espera cero’.

O presidente Feijóo subliñou que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos fogares galegos o ‘Bono Concilia’ para asegurar ás familias que non teñan unha praza nunha escola pública, unha praza concertada.

Ao longo da visita á Fundación Amancio Ortega, o titular do Goberno galego referiuse ao centro interxeracional en Arteixo como “exemplo da importancia do traballo conxunto entre o sector público e o privado na aposta polo benestar da sociedade”. E, nesta liña, salientou que as 82 prazas da escola infantil, as 40 do centro de día e as 64 da residencia contribuirán a facer deste concello un lugar mellor para vivir e para conciliar.

Este centro, que comezará a funcionar no último cuadrimestre deste ano, súmase ás escolas infantís que, en colaboración con esta fundación, xa se puxeron en marcha en Ferrol, Melide, Cambre e A Coruña. Ao que hai que engadir os proxectos que xa están en distintas fases como o centro interxeracional de Ourense e as escolas infantís para Santiago, Lugo e Vigo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM