Vigo al minuto

#PrimariasPSOE Abel Caballero vota reiterando o seu apoio a Susana Díaz, “a mellor opción para o PSOE e para España”

Imágenes:vigoalminuto/Os preto de 10.400 militantes do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, votan xa nas primarias que elixirá á nova secretaria ou secretario xeral do partido entre os tres candidatos ao posto: a secretaria xeral do PSOE Andaluz, e presidenta da Junta, Susana Díaz, o ex secretario xeral, Pedro Sánchez, e o ex presidente das Cortes e ex lehendakari, Patxi López.

Este mesmo domingo o alcalde Caballero e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosaron, de novo, o seu apoio á candidatura de Susana Díaz antes e despois de votar na sede do PSdG en Vigo.

Abel Caballero amosouse convencido da vitoria da presidenta andaluza a cal votou porque considera que é “a mellor candidata para o PSOE e para España e a que non queren nin o Partido Popular nin Podemos”.

O alcalde, que non contempla que Díaz poida perder estas Primarias asegurou que “dende mañá empezaremos a conquerir o impulso que precisa este país e o Partido Socialista” e repetiu que a súa candidata é a única dos tres que pode garantir a vitoria sobre o PP e sobre Podemos.

También te puede interesar