Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O ‘Tren Solidario’ sobre a doazón e trasplante de órganos do Colexio Montesol, no Cunqueiro

Posted by on May 19th, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Snidade, presentaou este venres  no Hospital Álvaro Cunqueiro o ‘Tren Solidario Informativo’ realizado por unha centea de alumnos de diferentes cursos da ESO do Centro de Ensinanza Montesol de Vigo.

Baixo o lema “Únete á nosa viaxe, doarás vida”, os alumnos confeccionaron un tren informativo dirixido a explicar a doazón de órganos e transplantes, así como un xogo educativo dirixido aos máis pequenos.

Ambas estruturas estarán expostas nos próximos meses na área de Consultas externas de pediatría do Álvaro Cunquerio, para que os máis pequenos poidan aprender xogando mentres esperan ás súas consultas médicas.

Neste evento tiveron especial protagonismo un grupo de 35 alumnos participantes no proxecto, de entre 12 e 14 anos, xunto cos seus profesores e o director do centro, Jesús González Lamas.

No transcurso da inauguración, o conselleiro agradeceu ao Colexio Montesol esta iniciativa e apostou por “aunar esforzos e reforzar as liñas de colaboración interinstitucional para desenvolver políticas educativas que fomenten a doazón entre os xóvenes, co obxectivo de  acadar unha sociedade máis comprometida e solidaria”.

Pola súa banda, o director do Centro Educativo, Jesús González e dous representantes dos alumnos, Alejandro Saavedra e Alexandre Cobelo , expresaron tamén o seu agradecemento ás institucións colaboradoras e ao Hospital Álvaro Cunqueiro pola súa receptividade e apoio ao abrir as súas portas a esta iniciativa. Asimesmo, os estudantes explicaron que “grazas a esta actividade nos temos concienciando da importancia das doazóns, temos aprendido o que é a solidariedade e moitos de nós, en canto podamos, daremos o paso para ser tamén doadores”-.

O acto finalizou coa actuación do cuarteto de corda “Scordatura”, que interpretou varios temas musicais de actualidade.

Programa Salvavidas

O Programa educativo “Salvavidas” do Centro Montesol enmárcase no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, e dirixida a fomentar a innovación nos centros a través de programas educativos, buscando un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa que leven á motivación, ao traballo activo, cooperativo e en rede do alumnado e do profesorado implicado.

En “Salvavidas”, os organismos colaboradores son a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Segundo explica a coordinadora do proxecto Cristina Díaz – “a súa finalidade é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón e o transplante de órganos desde diferentes perspectivas, para concienciar ao alumnado sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu contorno familiar, académico e social”-.

O proxecto deste curso escolar 2016/17 consistiu na realización do devandito  tren informativo  e a confección dun xogo educativo dirixido a nenos de 5-7 anos.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator