Galicia

@Xunta entrega unha vivenda en réxime de alugueiro social a unha familia de Vigo que fora desafiuzada

Unha familia de Vigo dispón dunha vivenda en réxime de alugueiro social, despois de que esta semana a Xunta lle asinase o contrato de alugueiro da mesma e se entregasen as chaves aos adxudicatarios.

Trátase dun inmoble cedido pola entidade CaixaBank á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, co fin de destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos, como é o caso da familia beneficiaria.

Por outra parte, a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación dunha vivenda a unha familia en situación de emerxencia social. Esta vivenda, cedida por Abanca, está emprazada no concello de Covelo.

Unha vez que as vivendas sexan adxudicada polo departamento que dirixe Ethel Vázquez, asinaranse os contratos de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

Segundo informa o Goberno de Galicia, no que vai de 2017, xa se realoxaron a máis de 30 familias en vivendas propiedade da Xunta ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank. “A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social” e outras medidas adoptadas polo Goberno galego .

También te puede interesar