Deportes Vigo al minuto

Vigo Cup incorpora o fútbol sala e, cuns 6.700 participantes, será unha das meirandes competicións do Estado

A XVII Vigo Cup de fútbol base, que se disputa do 3 ao 9 de xullo,  engade este verán á fútbol e fútbol 7, a primeira edición do campionato de fútbol sala, o cal fará que sexan case medio milleiro o número de equipos participantes, entre os de fútbol (200) e os de fútbol sala (280), segundo as estimacións dos organizadores. En total, entre deportistas, árbitros, técnicos, voluntarios “haberá máis de 6.700 deportistas”, adiantou este martes o alcalde.

A edición deste 2017 terá outra novidade: os campións e finalistas da edición 2016 que se inscriban na de este ano irán directamente á fase final sen necesidade de xogar a liguiña clasificatoria.

O prazo de inscrición das competicións baixo a marca Vigo Cup está aberto e a organización espera contar con todos os clubs vigueses, pero tamén con entidades da provincia, algunhas do resto de Galicia –coma Santiago e Lugo no caso do fútbol sala- e unha representación doutras comunidades. Os dous torneos traballan arreo tamén para contar cun importante grupo de equipos de Portugal.

También te puede interesar