Galicia

Xa se recolleron máis de 80.000 quilos de patacas afectadas pola couza guatemalteca

A conselleira de Medio Rural vende confirmar que xa se recolleron unhas 80 toneladas de patacas afectadas pola couza guatemalteca nos concellos galegos. Esa foi a sua resposta aos xornalistas antes de participar en Lugo-unha das provincias que máis sofren esta plaga que chegou a 18 concellos, todos os da Mariña e A Pastoriza- nun acto este luns pola mañá.

Ángeles Vázquez subliñou que a medida que pasan os días aumenta o número de quilos recollidos de pataca, operación que fai unha empresa, co control dos funcionarios da consellería, para logo procedes á súa destrución.

Sobre as queixas de varios alcaldes pola falla de información procedente da súa consellría, Vázquez rexeitou que fose deste xeito e asegurou que se dera “información de primeira man e tamén nos medios de comunicación” e que houbo xuntanzas nas diferentes zonas afectadas.

También te puede interesar