vigoalminuto.com - Tu peridico digital

74 feridos nas estradas galegas noutra fin de semana sen mortos

Posted by on May 15th, 2017 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a fin de semana a 74 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 5, e as 12 da noite menos un minuto deste domingo.O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 74 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 77. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM