Vigo al minuto

O Goberno local aproba investir 900.000€ no asfaltado e mellora de firmes no rural

O alcalde informou este mércores de que o Goberno local aprobara un orzamento de 900.000€ para o asfaltado e substitución de firmes na cidade coma “continuación da serie de humanizacións no rural para ter en boas condicións de tránsito”.

As devanditas obras realizaranse no centro en Bouzas -Covadonga e Eduardo Cabello-, no Castro -Aríns e Couto e Marqués de Alcedo- e en Praza América –Pastora-. Na zona norte incluiránse Alcabre -Cruceiro e Forte-, Castrelos –Viloura-, Sárdoma -Miraflores, Candeán -Monte Vixiador- e Teis -Dona Fermina- e, ademais, Coruxo , Matamá -Beirán e Roupeiro-, Bembrive e Marcosende en Zamáns.

Abel Caballero deu conta amais da aprobación da contratación da segunda fase das escaleiras que comunican a Porta do Sol e a rúa Abeleira Menéndez por un importe de 755.000€ que supón unha “baixa importante” xa que o orzamento de licitación era dun millón de euros. A este respecto sinalou que o Concello segue pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.

También te puede interesar