Destacados

Este xoves, ás 8 da tarde, no MARCO, nova mobilización para esixir o indulto para Carlos e Serafín

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocan unha nova mobilización para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a 3 anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008. A concentración solidaria terá lugar este xoves 11 diante do Marco de Vigo ás 8 da tarde.

Os afectados levan máis de tres anos agardando por unha medida de graza que evite a súa entrada en prisión e que está a ser reclamada por institucións como o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o Parlamento de Galicia, partidos políticos e colectivos sociais, así como polo conxunto da cidadanía.

También te puede interesar