vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Máis de 200 raios caídos en Galicia dende as 3 da tarde deste martes

Posted by on May 9th, 2017 y archivado abajo Portada, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Segundo o sistema operativo de detección de descargas eléctricas de MeteoGalicia, que permite a monitorización de treboadas en tempo real, dende as 3 da tarde rexistráronse en Galicia máis de de 200 raios.

A rede deste sistema, composta por catro detectores de raios, un no Alto do Rodicio, en Ourense, Castro Ribeiras de Lea, en Lugo, Mabegondo, en A Coruña e o Campus da Universidade de Vigo en Pontevedra, detectou estas descargas ao longo deste martes.

Segundo a previsión do tempo de MeteoGalicia, hoxe está sendo unha xornada de ceo parcialmente anubrado e chuvascos que serán máis frecuentes no interior pola tarde, acompañados de aparato eléctrico e ocasionalmente de sarabia.

Este mércores, día 10,continuará a inestabilidade atmosférica debido á existencia de aire frío en capas altas da atmosfera. Con esta situación, agárdanse intervalos anubrados con chuvascos puntualmente fortes e localmente acompañados de aparato eléctrico.

As temperaturas sufrirán un descenso, lixeiro nas mínimas, moderado nas máximas. Por cidades, en Ourense e Ferrol chegarán ao 22 graos, 21 haberá en Pontevedra e 20 en Vigo-cunha mínima de 13-.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM