Plis Plas Vigo al día

Plis Plas Festival, o sábado 13 e domingo 14 de maio, en Navia

Chega a Vigo ‘PLIS PLAS FESTIVAL’sábado 13 e domingo 14 de maio en Navia-un festival urbano multidisciplinar adicado aos nenos e nenas tendo moi en conta ás súas familias. Un festival para reivindicar os plans en familia e a calidade dos mesmos.

‘PLIS PLAS FESTIVAL’ é unha iniciativa de Plis Plas, a guía dos cativos, e a Escola de Música Mundo Sonoro, dous emprendementos que se fusionan para xerar unha proposta dirixida ao seu público máis concreto.

Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, conta contos, xogos, mercadiño… unha gran cantidade de actividades  e propostas de calidade e respectuosas coa infancia, que poderán gozar non só os nenos e nenas senón toda a familia.

Entre outros arrrtistas e grupos, estarán presentes Cé Orquestra Pantasma, Magín Blanco, Troula Animacións, Barafunda, Mago Rey Midas, Isla Letriska, Migallas Teatro ou Lila, xogos reciclados.

También te puede interesar