vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Podemos sube a Feijóo ao ‘Tramabús’ en Vigo porque “representa a corrupción legalizada”

Posted by on May 5th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O ‘Tramabús’ de Podemos empezou o seu percorrido por Galicia no Hospital Álvaro Cunqueiro e cun ‘convidado especial’ máis ao autocar: o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que viaxa no cristal de diante do vehículo.

A inclusión do presidente Feijóo está xustificada, segundo a secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos, porque representa a “corrupción legalizada”. Ao xuízo de Santos, o Partido Popular empregou “milleiros de millóns de cartos públicos, dos galegos, para facer un mal uso por medio da privatización da sanidade coa finalidade de favorecer os intereses das multinacionais e facer negocio co dereito á saúde”.

O ‘Tramabús’ segue a súa ruta e este sábado estará en Lugo, con Antón Gómez Reino, Portavoz de En Marea no Congreso, e Paula de Santiago, Portavoz do Círculo de Sarria. O acto será ás 9:15 horas na Avenida Rodríguez Mourelo e non hai previstas declaracións a medios.

O vehículo seguirá a Mugardos, A Coruña e Santiago onde será o ‘acto final’ da viaxe por Galicia, na Explanada de San Caetano, sobre as 6 menos cuarto da tarde.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM