Vigo al minuto

O Concello pídelle á Xunta que lle permita mellorar o acceso aos IES Rosais II e República do Uruguai

Abel Caballero deu conta este venres do envío dunha carta ao presidente do Goberno de Galicia pedíndolle permiso para reformar os accesos aos institutos de Ensino Secundario Rosais II e República Oriental do Uruguai que “teñen un gravísimo problema de seguridade”. O Concello farase cargo da obra de humanización, que ten un orzamento de 250.000€, para resolver os problemas de seguridade que se producen nestes momentos.

Segundo explicou, na entrada e saída dos centros conflúen autobuses e estudantes que chegan a pé nun espazo sen beirarrúas, na propia estrada e sobre o asfalto, algo que para o rexedor é “intolerable e un fallo de seguridade gravísimo”. O Concello escribiulle en varias ocasións ao goberno autonómico para que o arranxara pero “non responderon” e “non queremos que siga habendo estes riscos”.

O alcalde criticou que o Goberno de Galicia non asuma as súas competencias en Vigo, en materia de educación e de estradas, e que teña que ser o Concello quen se faga cargo destas obras. Como exemplo, citou o investimento municipal de 600.000€ este ano na cubrición dos patios dos colexios Carballal, Virxe do Rocío e Canicouva e o arranxo e ampliación do comedor do CEIP García Barbón, entre outros.

También te puede interesar