Deportes

@ConcelloNigrán organiza este domingo o ‘I Triatlón Desafío Illas Estelas’ no que participarán 250 atletas

350 deportistas disputarán este domingo en Praia América-Panxón o ‘I Triatlon Desafío Illas Estelas’ organizado dende o Concello de Nigrán, Desafío Islas Cíes e Lodeco SLU con vocación de consolidarse dende esta primeira edición e ser un referente no calendario deportivo.

Este constará de dúas probas, por un lado unha de ‘Supersprint’ cunha distancia de 300 metros en natación, 13 km en ciclismo e 2,5 km de carreira a pé; e por outra banda unha de ‘sprint’ con 750 metros de natación, 19’5 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé. As inscricións xa están esgotadas, sendo 250 corredores na proba de sprint e 100 en supersprint.

A carreira desputarase segundo a normativa vixente no Regulamento Oficial de Competicións das Federacións Galega e Española de Triatlon e estableceranse diferentes categorías -supersprint dende infantil ata veteráns e sprint partindo dende cadetes-.

A saída, transición e meta terá lugar en Panxón, frente as pistas de tenis de Gaifar, comezando ás 11 da mañá primeira carreira -os deportistas deben estar para o control de material a partir das 10-. O circuito de natación sitúase en frente, o de ciclismo percorre a estrada pola vía ata a Foz, e o da carreira o paseo marítimo.  A estrada será cortada no momento mesmo en que se dispute a proba.

A entrega de premios está prevista para as 2 da tarde neste mesmo punto, habendo trofeos para os tres primeiros clasificados e un agasallo conmemorativo para cada participante que remate.

“O deporte é saúde e dende o Concello estamos totalmente comprometidos para fomentar a súa práctica, por iso non perdemos a oportunidade de organizar este tipo de eventos que, ademáis, reúnen a tanta xente no noso municipio. Queremos que sexa un referente deportivo máis de Nigrán”, resume o alcalde, Juan González.

También te puede interesar