vigoalminuto.com - Tu peridico digital

76 feridos nas estradas galegas nunha ponte do 1º de maio sen mortos

Posted by on May 2nd, 2017 y archivado abajo Galicia, Sucesos. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a ponte do Primeiro de Maio a 76 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, día 28 de abril, e a medianoite deste 2 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 76 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 73. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 62 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en cinco sinistros.

En 66 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM