Cultura Vigo al minuto

O antigo teatro Tamberlick, na rúa Eduardo Iglesias, volve a proxectar este sábado o mesmo programa que en 1897

Con motivo do 120 aniversario da primeira proxección de cine en Vigo, o Festival Internacional Primavera do Cine organiza ese sábado, ás 9 e media da noite, unha homenaxe na rúa Eduardo Iglesias. O antigo teatro Tamberlick, inaugurado en 1882, volverá a acoller as proxeccións de grandes clásicos do cine máis dun século despois.

O público poderá desfrutar de balde das doce pezas dos hermanos Lumiérè, que foron mostradas no 1897, todas elas dunha duración non superior ao minuto. As cintas orixinais foron restauradas e cedidas polo Instituto Lumière de Lyon.

O evento estará presentado por Juan de Castro, director do festival, Alfonso Castaño, axudante de dirección, e Xosé Nogueira, profesor da USC e escritor. O acto rematará cun pase da mítica Viaxe á lúa (1902), de Georges Meliès. Todas as obras serán musicalizadas en directo por Caspervek Trío.

También te puede interesar