Galicia

@QueremosGalego convoca unha marcha o 17 de maio baixo o lema ‘En galego sen límites’

A plataforma Queremos Galego, que abrangue a decenas de entidades que traballan na defensa e promoción do idioma, convocou unha nova marcha para o próximo 17 de maio que percorrerá as rúas de Compostela.

O lema escollido para a mesma é, ‘O Galego sen límites’, co pretende visibilizar a implicación cada vez maior a favor da lingua, e de “evidenciar a cantidade de obstáculos” que experimenta calquera cidadán que aspire a “vivir en galego con normalidade”.

Marcos Maceira, presidente da Mesa e portavoz da plataforma, subliñou en rolda de prensa que “cada vez hai máis mobilización social” en defensa do idioma, e que “hai sectores moito máis amplos” que se implican nesta tarefa.

Unha situación, engadiu, que se produce en paralelo ao “apartheid lingüístico” que padece Galicia, a través da “exclusión sistemática” do idioma en distintos ámbitos, como a propia administración.

Maceira  referiuse a que a propia normativa, como a lei de Transparencia, “obriga a institucións galeguizadas como os concellos a publicar documentación en castelán”.

También te puede interesar