Cultura Destacados

@festivaldecans este martes saen á venda as 600 primeiras entradas

As primeiras 600 entradas para o Festival de Cans, estarán á venda este martes. A organización do festival sinala que dende as 10 da mañá sairán a venda, on line, as entradas para a sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio.

Destes 600 tickets, 350 serán para a sesión da tarde e 250 para a da mañá e poderán mercarse co todo 0 ‘pack’, e dicir coas camisetas deseñadas para os máis leais seguidores do certame que se abrirá o mes que ven na capital mundial do ‘ajroglamour’.

También te puede interesar