vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O novo centro do 112 Galicia, na Estada, recibiu 6.322 chamadas nos seus primeiros días de funcionamento

Posted by on Abr 23rd, 2017 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112), situado na Estrada, recibiu 6.322 chamadas nos seus primeiros tres días de funcionamento. Desde que se atendeu ao primeiro usuario, ás 00.51 horas do mércores, prestouse servizo a 1.357 incidencias.

Segundo informa o Goberno de Galicia, os primeiros tres días tras o traslado certificaron o bo funcionamento da nova plataforma informática, xa que desde esa madrugada do mércores, tódalas chamadas se atenderon a través deste sistema e non foi necesario botar man dos dous plans alternativos que había previstos en caso de que xurdira algún tipo de contratempo.

Por tipoloxías, desde as 00.51 horas do mércores ata as 6 da tarde do venres, as chamadas de tipo sanitario foron as máis repetidas -292-, seguidas polas incidencias de circulación -223-, as relacionadas con animais -163-, os incendios -151-, solicitude de forzas e corpos de seguridade -122-, accidentes -118- e operativos de bombeiros e Protección Civil -115-.

“O novo Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) conta cunha superficie de máis de 4.600 metros cadrados -10 veces superior á dimensión anterior- que lle permite acoller 77 postos iniciais de atención directa, o que supón incrementar nun 125% a atención de resposta ao cidadán”. Ademais, as instalacións dispoñen dos recursos materiais e técnicos necesarios para prestar unha resposta integral ás emerxencias, grazas á integración doutros operadores.

O novo centro, no que se investiron algo máis de 12 millóns de euros, aproveita as sinerxías coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), o que permite unificar nun mesmo espazo a atención, a xestión e formación das emerxencias, un aspecto pioneiro a nivel estatal.

“A superficie do novo centro, e o seu deseño multifuncional e adaptable, facilita tamén prestar unha atención integral, que é un dos principais obxectivos do novo CIAE-112. Así, as instalacións dispoñen dos medios técnicos necesarios para permitir unha integración paulatina doutros operadores relacionados coas emerxencias, como é o caso do 061, ou dos representantes da Policía Nacional ou a Garda Civil. Deste xeito, poderase ofrecer aos cidadáns unha resposta integrada, rápida, eficaz, coordinada e sen duplicidades”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM