Cultura

@AsNevesConcello pon en marcha ‘Primavera de Música’

O Concello das Neves pon en marcha Primavera de Música, un ciclo de concertos e actuacións musicais que terán lugar nos vindeiros meses.

A primeira delas será o domingo, día 23, ás 8 da tarde no Mercado Municipal: a cantautora  Sofia Espiñeira será quen abrirá este ciclo cultural.

O turno do grupo de música tradicional Donicelas chegará o domingo 14 de maio na Praza Maior as 8 e media da tarde.

Tamén haberá ocasión para desfrutar de aulas de baile impartidas pola escola “Swing on Vigo” + The Alley Stompers, o sábado 3 de xuño as 8 da tarde na praza do Concello.

GHZ + Rebelion do Inframundo no estilo do Rap, “poranlle o curucho a meda”, según a Concelleira de Cultura Rosana Rodríguez, finalizando este ciclo cultural o sábado 17 de xuño ás 10 e media da noite na Casa da Xuventude.

También te puede interesar