vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Preto de 30 colectivos súmanse á manifestación do venres en Chapela en apoio do persoal de Pescanova

Posted by on Abr 18th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que este venres día 21 percorrerá as rúas da parroquia de Chapela en solidariedade coa loita do cadro de persoal de Pescanova. A marcha, que hoxe foi presentada en rolda de prensa polos colectivos promotores, arrincará de Catro Pontes ás 20.00 horas e rematará diante das instalacións da empresa de alimentación.

Representantes das organizacións que decidiron sumarse á mobilización compareceron no Concello de Redondela diante dos medios de comunicación acompañados do alcalde, Javier Bas, e da tenete de alcalde, María del Carmen Amoedo, para lembrar que o conflito laboral que se vive en Pescanova por mor da renovación dos convenios colectivos dos distintos centros de traballo “ten un alcance social e humano moi importante xa que os traballadores ven ameazado o seu futuro dunha forma inxusta”.

Neste senso, lembraron que a dirección aprovéitase da situación económica xeral para aplicar recortes nos dereitos dos empregados, “o que constitúe un novo ataque contra o conxunto da clase traballadora”. É por iso que trasladan publicamente o seu apoio “moral e efectivo” a todas as reivindicacións do cadro de persoal da compañía de alimentación e fan un chamamento á veciñanza de Redondela a participar na manifestación.

“A crise que padece a empresa foi creada pola nefasta xestión dos seus directivos, mais agora pretenden que os que paguen sexan os traballadores; reparten as perdas entre todos, pero cando houbo beneficios non o fixeron”, critican.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM