vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@abelcaballero adianta que o Concello creará 800 postos de traballo directos este ano cos programas de emprego

Posted by on Abr 18th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Desde primeiros de abril está en funcionamento a primeira quenda do programa ‘Vigo Emprega’ deste ano 2017, co que o Concello contratará a 111 persoas entre os meses de abril e setembro. Na segunda quenda, entre outubro e marzo de 2018, empregaranse outras 111 persoas, o que fai un total de 222 persoas que conseguirán un posto de traballo ao abeiro deste programa.

A tenor destes datos, o alcalde sinalou este martes que neste 2017 o seu goberno destinará máis de 5.400.000 euros á xeración de emprego directo, coa previsión de crear arredor de 800 postos de traballo, o que significa “a xeración de 2.400 empregos directos e indirectos”.

Abel Caballero puxo en valor o “esforzo moi importante” que realiza o Concello en materia de emprego xuvenil co desenvolvemento de dous programa específicos, un de formación a través del Fondo Social Europeo de máis dun milón de euros e outro de axuda ao emprendemento cun importe de 200.000 euros.

Caballero apuntou que o goberno municipal dispón de axudas ao fomento da contratación directa e a estabilidade laboral dos contratos da mocidade nas empresas e prepara novos obradoiros cun importe de 200.000 euros cada un.

O Concello conta tamén con programas de xeración de emprego para un perfil amplo como o “Vigo Capacita” ao que dedica 300.000 euros, a convocatoria de axudas para que as ONG contraten persoal cun orzamento de 1 millón de euros ou as axudas a Conxemar e Seafood de 250.000 euros.

O alcalde afirmou a vontade do seu goberno de “seguir adiante co programa de emprego” ao que debe sumarse a creación de postos de traballo que supoñen as obras de humanización que promove o Concello, cun investimento de 25 millóns de euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM