Galicia

@Xunta abre ata o 2 de maio o prazo para optar ás prazas dos campamentos de verán

A Campaña de Verán 2017, que baixo a lenda ‘O teu verán colle nunha mochila’, pon a disposición da mocidade un amplo abano de actividades de carácter cultural, ambiental, deportivo, de ocio e tempo libre ou de voluntariado, entre outras, e todas elas coa compoñente de educación non formal.

O conselleiro de conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, deu a coñecer esta mañá esta campaña xunto coa directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, o mesmo no que se publican no Diario Oficial de Galicia as ordes da convocatoria da devandita programación.

Na súa intervención, o responsable da área social do Goberno galego sinalou que a finalidade desta campaña “é que os mozos e mozas se divirtan e, ao mesmo tempo, que as actividades que se propoñen sirvan para o seu enriquecemento persoal e vital”. Asemade, sinalou que a programación de verán da Xunta contribúe a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante a época estival.

O conselleiro puxo o aceno no seu carácter inclusivo ao reservar máis prazas para fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero, para menores en situación de garda ou tutela administrativa e para mozos e mozas con discapacidade. En concreto, para estas situacións hai reservadas 313 prazas, das cales 100 están a disposición da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para menores en garda ou tutela, outras 162 destínanse a mozos e mozas con distintas capacidades a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, e 51 as xestiona a Secretaría Xeral de Igualdade para nenos e nenas de nais vítimas de malos tratos.

Así, os campamentos organizados nas instalacións xuvenís galegas para mozos e mozas entre 9 e 17 anos ofertan 6.400 prazas, o que supón un aumento do 3% con respecto á convocatoria do verán pasado e dun 20% en relación a do ano 2015. Os participantes nestes campamentos realizan actividades centradas na natureza, no deporte, o voluntariado ou o tempo libre, entre outras.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos: Solicitude individual: procedemento BS303A; Solicitude múltiple: procedemento BS303F; Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade: procedemento BS303G para solicitude individual; procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

Prezo: Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%; as persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 2 de maio de 2017. Máis información premendo aquí.

También te puede interesar