Deportes

Clubes e entidades deportivas poderán tramitar e axudas e subvencións coa Deputación por medio de Depo Informa

Deputación de Pontevedra vén de poñer en funcionamento unha nova ferramenta, dispoñible na súa páxina web, baixo o nome de “Depo Informa”. Trátase dunha base de datos de clubs deportivos, a través da cal todas as entidades deportivas poderán transmitir e dispoñer de información en tempo real de asuntos de grande interese para o fomento do tecido asociativo deportivo, temas como, entre outros, liñas de axudas e subvencións.

A presidenta do organismo provincial remitiu nos últimos días unha serie de cartas destinadas ás asociacións, clubs e demais entidades que se poderán beneficiar da ferramenta “Depo Informa”. Esta ferramenta ten como obxectivo, ademais, fomentar e facilitar as súas relacións administrativas coa Deputación de Pontevedra.

“Esta é unha das iniciativas contempladas no Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020”, no que xa se formulaba a posta en marcha dunha ferramenta 3.0 aberta a todas as entidades e que tería como finalidade mellorar a xestión do deporte na provincia de Pontevedra. Deste xeito, “Depo Informa” nace como un centro de consulta e información dixital, un novo mecanismo de comunicación no que poder contar cunha ampla variedade de información de interese.

As entidades interesadas poderán inscribirse cubrindo o formulario de adhesión que se pode atopar nesta ligazón.

También te puede interesar