vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@Xunta coloca catro grandes planisferios estelares nas Illas Atlánticas

Posted by on Abr 13th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Goberno de Galicia segue apostando polo turismo astronómico no Parque Nacional das Illas Atlánticas mediante a instalación de grandes planisferios estelares que facilitarán aos visitantes a observación e interpretación do ceo nocturno.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colocou de forma estratéxica catro cartas estelares en cada unha das illas que conforman o Parque Nacional co obxectivo de seguir promovendo a contemplación das estrelas dende un espazo acreditado pola Unesco como destino Starlight. A calidade do seu ceo e o alto grao de conservación e protección do entorno fixeron ao parque merecedor deste distintivo.

Coa declaración do Parque Nacional como ‘destino turístico Starlight’, o Goberno galego vén impulsando diferentes actividades para enriquecer e aumentar a experiencia dos visitantes nun entorno que goza das mellores condicións para a observación e mesmo o estudo do firmamento. Con esta finalidade, se instalaron catro grandes planisferios estelares, unha ferramenta que permitirá aos usuarios identificar cales obxectos celestes permanecen visibles e cales estarán ocultos nun momento determinado.

Concretamente, estas cartas estelares atópanse no Alto da Campá en Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na Aldea de Sálvora. Grazas á súa colocación, a contemplación das estrelas pode realizarse a calquera hora e día do ano, aproveitando unha visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Precisamente, o impulso ás actividades para fomentar o turismo astronómico forma parte das liñas estratéxicas contempladas polo órgano conservador do parque dentro da Carta Europea de Turismo Sustentable, que é unha iniciativa coa que se pretende compatibilizar a oferta turística coa preservación dos valores naturais. Neste senso, estase a traballar para desenvolver produtos atractivos para o visitante baseados na observación e contemplación do ceo nocturno e as estrelas.

Deste xeito, organizáronse charlas divulgativas e actividades de fotografía dos ceos durante a noite e están proxectados cursos de formación para guías e a elaboración de material informativo de apoio. Tamén se realizaron rutas starlight con astrónomos amateur con experiencia educativa nas Illas Cíes e nos cámpings deste e Ons se presentaron actividades pata familias e nenos baixo o título ‘Descubrindo os nosos ceos’.

Todas estas iniciativas gozaron do recoñecemento do público, como mostran os máis de 10.000 asistentes durante o pasado ano.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM