Ciencia y Tecnología

Doentes da Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Cunqueiro fan unha marcha cardiosaudable

O primeiro grupo de pacientes atendidos na Unidade de Prevención de Risco e Rehabilitación Cardíaca do Álvaro Cunqueiro, que este venres finalizaron a súa fase de rehabilitación cardíaca hospitalaria, cambiaron o seu entrenamento habitual por unha marcha pola senda biosaudable que circunvala o hospital.

Nesta actividade, organizada pola coordinadora da Unidade, a doutora Marisol Bravo, os nove  pacientes do grupo estiveron acompañados  polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, e parte do equipo de profesionais que os atenden neste dispositivo asistencial.

A nova Unidade de Prevención de Risco e Rehabilitación Cardíaca iniciou o seu funcionamento no pasado mes de febreiro. Trátase dun novo dispositivo dirixido aos pacientes que sufriron un episodio cardiovascular agudo, co obxecto de prepararlles tanto física como psicoloxicamente para que poidan reintegrase na súa vida habitual dun xeito rápido e fácil. Este novo  servizo do Chuvi ten un enfoque multidisciplinar, xa que está integrado por profesionais de oito disciplinas diferentes: cardiólogos, rehabilitadores, fisioterapeutas, enfermaría, psicólogos, nutricionistas farmacéuticos  e traballadores sociais

O programa a desenvolver, de dous meses de duración, é individual e persoalizado para cada paciente, e basease tanto no exercicio físico como no control e aprendizaxe dos factores de risco cardiovasculares.

Neste senso, a Unidade dispón dunha Sala de aparatos – con bicicletas estáticas, cinta…- no que durante tres día á semana os pacientes realizan o entrenamento pautado, dun xeito monitorizado e baixo control dun profesional. Ademais, se lles controla a dieta, a medicación e se lles ofrece apoio psicolóxico ou social .

También te puede interesar