vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es estima que a ocupación hoteleira na provincia esta Semana Santa será do 75%

Posted by on Abr 6th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer este xoves os datos de Turismo Rías Baixas relativos ás previsións de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra. Así, “a estas alturas e a falta das reservas de última hora e do factor tempo, que pode influír tamén nesta porcentaxe, agardamos –tal e como manifestou Carmela Silva- a mellor Semana Santa dos últimos anos, cunha ocupación que se situará no 75% en hoteis e no 66% nos establecementos de turismo rural das Rías Baixas”.

Amais, Silva engadiu que  “a día de hoxe o portal de reservas de Internet “booking” pon de manifesto que Rías Baixas ten xa o 73% das prazas reservadas que se corresponden, na súa maioría, con persoas procedentes de Galicia, de Madrid e de Portugal”.

Por comarcas, Turismo Rías Baixas estima que será Caldas, co 80%, a comarca coa maior porcentaxe de ocupación, seguida do Salnés, Pontevedra e Vigo que agardan superar o 75%.  Máis polo miúdo localidades como Sanxenxo ten xa, segundo booking, máis do 85% das prazas reservadas, O Grove agarda rozar o cheo, ó igual que Vilagarcía, e vilas como Cambados ten xa o 75% das prazas reservadas.

No caso de Pontevedra, a capital estará ao menos ata o día 12 co 100% de ocupación debido, tal e como subliñou Carmela Silva, “ao Campionato de  España de Natación que incluso tivo que desprazar a xente a establecementos de Poio e doutros puntos da comarca”.

Pola súa banda, a comarca de Vigo tamén agarda superar o 75% da ocupación hoteleira. En concreto, a cidade agarda superar o 80% e ata rozar o 100% nos días festivos motivado pola celebración do partido europeo do Celta contra o Genk. No caso de Baiona, o sector agarda unha ocupación de preto do 85%, datos que se corresponden tamén co portal de reservas de booking, que sinala que xa están o 85% das reservas realizadas na localidade.

En comarcas como O Morrazo, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación do 70%, no Deza e Tabeirós-Terra de Montes agardamos o 60% de ocupación, no Condado e A Pardanta superarase o 55% e no Baixo Miño a ocupación rondará o 50%.

No que respecta ó turismo rural, Carmela Silva manifestou que “agardamos superar o 66% nas Rías Baixas, rozando o cheo en localidades do Morrazo, o 85% no Baixo Miño, o 80% en Caldas e Vigo, o 62% no Salnés, rozando o 60% no Condado e na Paradanta, superando o 42% en Pontevedra e chegando ó 30% en Deza e Tabeirós-Terra de Montes”.

A presidenta tamén deu a coñecer as oficinas de turismo que estarán en funcionamento esta Semana Santa. Así, estarán abertas as oficinas de Turismo Rías Baixas de Pontevedra, no Palacete das Mendoza, do Aeroporto de Peinador e do Mosteiro de Armenteira. Tamén as xestionadas polos propios concellos de Vilagarcía, Cambados, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, as dúas de Poio, Cangas e Cuntis. Amais, tal e como informou a Presidenta provincial, “haberá persoal da Deputación de Pontevedra encargado de atender ás e ós turistas nas oficinas de Baiona, A Guarda, O Grove, Tui, Redondela, Caldas de Reis e A Illa de Arousa”.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM