Ciencia y Tecnología

A ministra de Saúde de Mozambique visita o Cunqueiro

A ministra de Saúde de Mozambique, Nazira Abdula, xunto cunha delegación do seu Goberno e dos embaixadores de ambos países, visitaron este mércores o hospital Álvaro Cunqueiro. A visita, realizada trala xuntanza mantida hoxe co presidente do Goberno de Galicia e coa ministra de Sanidad española, se enmarca na viaxe oficial que a máxima responsable da saúde de Mozambique está realizando por España.

No Álvaro Cunqueiro, Nazira Abdula, acompañada polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, realizou un percorrido polas instalacións do hospital -guiado polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial-, no que amosóuselle diferentes áreas, desde a máis tecnólóxica, á materno infantil e incluso unha área dedicada á docencia.

Así, visitou a Unidade de Hemodinámica e Cardioloxía Intervencionista, na que explicóuselle  as últimas técnicas e procedementos empregados nos tratamentos de cardioloxía. Na área materno- infantil,  a máis importante de todo o noroeste de España cun volume de actividade en torno aos 4.000 partos anuais, a ministra amosou especial interese polas UTPRs (Unidades de Unidade de Traballo, Preparación e Recuperación do parto), nova modalidade de atención integral ao parto; así como  pola Unidade de Neonatoloxía infantil.

Ademais do propiamente asistencial, este circuíto tamén incluíu outra importante área do hospital, a de Docencia. Na área de simulación médica, na que se entrenan equipos de profesionais sanitarios en habilidades e estratexias ante determinadas situacións obstétricas, a delegación mozambiqueña puido asistir a unha simulación médica dun proceso de obstetricia.

Para finalizar, técnicos do Cunqueiro realizaron unha demostración práctica do funcionamento do IANUS (historia clínica electrónica única por paciente), un dos programas máis importantes e eficaces postos en marcha polo Servizo Galego de Saúde. O IANUS integra dixitalmente todos os datos clínicos do paciente, tanto de atención primaria como da hospitalaria. Trala posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro este programa ten modificado a asistencia na área sanitaria de Vigo, xa que permitiu prescindir da historia clínica en papel.

También te puede interesar