vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A alcaldesa de Mos presenta á Deputación a necesidade de mellora da estrada EP-2601 que vai a Puxeiros

Posted by on Abr 5th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, recolleu hoxe de primeira man a petición aprobada pola unanimidade do Pleno do Concello de Mos para solicitar á Deputación a mellora da estrada provincial EP-2601 entre Mos e Puxeiros. Benítez recibiu á alcaldesa, quen insistiu en que esta solicitude é a principal prioridade en materia de infraestruturas viarias no concello, polo que presentou catro proxectos feitos polos técnicos municipais en 2009 para realizar intervencións puntuais na vía.

O deputado comprobou que a actuación principal na estrada debe ser a dotación de beirarrúas, así como a mellora nos contornos de algúns equipamentos e servizos como a igrexa, o centro cultural ou o auditorio -no lugar de Torroso- para garantir unha mellor seguranza viaria e mobilidade peonil. Neste sentido, o deputado subliñou que “os proxectos municipais, que o anterior goberno provincial non tivera en conta no seu momento”, serán estudados polos técnicos do servizo de Mobilidade para ver se se adaptan ao decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais aprobado o ano pasado.

Así mesmo, Benítez asegurou que se valorará a posibilidade de, en lugar de intervencións puntuais, tal e como plantexa a alcaldesa, realizar un proxecto de mellora integral de toda a vía. “Estudaremos se iso é factible e cal é a mellor opción”, subliñou.

Por outra banda,  sobre a mesa estivo tamén a reforma da estrada Puxeiros-Peinador, da que o nacionalista destacou a súa alta intensidade de tráfico e a capacidade vertebradora dentro do municipio, posto que conecta o núcleo urbano co aeroporto e o IFEVI e a zona industrial do Rebullón. Benítez recoñeceu que é fundamental garantir as condicións de seguranza viaria, polo que se comprometeu a estudar as obras necesarias. Nidia Arévalo indicou que a día de hoxe existe un proxecto para mellorar o firme, a iluminación e a sinalización desta vía -que tiña o Concello- e que está valorado en 700.000 euros.

En calquera caso, Benítez destacou que o departamento de Mobilidade xa está traballando nun Plan global de melloras de firme para renovar os asfaltados das vías da rede provincial. Destacou que, ben dentro dese plan ou de xeito independente, a vía será obxecto dunha mellora na que se incluirán a rehabilitación estrutural do firme, o pintado e a instalación de elementos de calmado do tráfico. “É unha cuestión de conservación e mantemento, de seguridade do tráfico e polo tanto veremos a mellora maneira de que sexa factible”, subliñou.

Con respecto a incluír a canalización do abastecemento de auga, necesidade apuntada pola alcaldesa, o deputado destacou que será preciso estudiar a fórmula na que facer o financiamento da actuación global.

No termo municipal de Mos hai seis estradas provinciais: a EP-2601 entre Mos e Puxeiros, a EP-2602Peinador-Louredo, a EP-2603 Puxeiros-Peinador, a EP-2604 entre Puxeiros-Meixoeiro-CUVI (compartida con Vigo), a EP-2605 entre Rebullón-Meixoiero-CUVI  e a EP-2906 Os Valos-Guizán (compartida con Redondela). Antes do verán a Deputación realizará as actuacións previstas de pintado de vías (con case 50 quilómetros de nova sinalización horizontal) e tamén a instalación de pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade incluídos no Plan de Mobilidade e Velocidade Seguras (MÓVESE).

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM