vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os peiraos de Galicia aumentan a descarga de peixe fresco ata as 14.000 toneladas

Posted by on Abr 2nd, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Cofradía de Pescadores de Burela

Os peiraos de Galicia incrementaron a súa actividade de descarga de peixe fresco nun 20% interanual durante os dous primeiros meses do ano. Así o contempla o último informe de xestión de Portos, que recolle o balance de actividade ata o 28 de febreiro.

En total, durante os dous primeiros meses do ano descargáronse nos portos dependentes do Goberno de Galicia un total de 14.000 toneladas de peixe fronte ás 11.500 do mesmo período do ano anterior. Os peiraos con maior volume de descarga foron Ribeira, con 3.600 toneladas; Burela, con 3.000 e Celeiro, con 2.700 toneladas.

Estas cifras de actividade supuxeron un importe total da venda en lonxa de 42 millóns de euros, o que supón un incremento do 5% respecto ao valor da venda a finais do mes de febreiro de 2016.

Finalmente, a facturación global de Portos de Galicia tamén se incrementou durante os primeiros dous meses do ano 2017, situándose preto dos 2,9 millóns euros, o que supón case un 3% máis que no mesmo período do anterior exercicio.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM