Comarcas

@depo_es adxudica seis becas para estudar en Italia e Portugal a alumnos de Gondomar, Vigo, Cangas e Marín

A Deputación  vén de aprobar, mediante resolución da presidenta do organismo provincial, a adxudicación de seis bolsas de mobilidade para o alumnado participante no proxecto ‘Eramus + Practicum Depo 2016’ por valor de 29.237 €.

En concreto, as alumnas e alumnos que gozarán desta nova mobilidade internacional, correspondentes con estudantes do IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), IES Ricardo Mella (Vigo), IES de Rodeira (Cangas do Morrazo) e IES Chan do Monte (Marín), realizarán as súas prácticas en Italia e Portugal durante un máximo de seis meses.

Carmela Silva, subliñou a importancia de investir os recursos públicos en programas como este, que “posibilita que mozas e mozos da provincia de Pontevedra, neste mundo global que vivimos, teñan a oportunidade de aprender a adaptarse ó entorno, abrir as súas mentes, e incrementar as súas posibilidades de inserción no merado laboral”.

En concreto, o programa ‘Practicum Depo 2016’, que se estenderá ata xuño de 2018, permitirá a 101 estudantes graduadas e graduados de Formación Profesional de ciclos medios e a 5 docentes dos centros participantes, realizar as súas prácticas laborais en empresas e institucións do Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Países Baixos e Finlandia durante un máximo de 6 meses. 

O primeiro grupo de alumnas e alumnos, composto por 20 persoas, xa está a realizar as súas prácticas en Italia, Reino Unido, Portugal e Malta. O segundo grupo, cuxa adxudicación das bolsas por valor de preto de 30.000 € xa foi aprobada pola Deputación, estará integrado por 6 alumnas e alumnos que se formarán en Italia e Portugal. O último dos grupos que participarán no programa, que remata en xuño de 2018, estará composto por 75 persoas que realizará tamén a súa estadía na Unión Europea.

Deste xeito,a Deputación de Pontevedra promove a mobilidade de estudantes de ciclos medios de formación profesional, que ten por obxecto realizar prácticas en empresas estranxeiras durante 196 días e facilitarlles o proceso de transición do ámbito da educación e a formación ó mercado laboral.  As persoas beneficiarios deben ter residencia no noso país, ser maiores de 18 anos e iniciar e finalizar a mobilidade durante os 12 meses posteriores á data de obtención da súa titulación.

Para poder afrontar a viaxe, a Deputación de Pontevedra outorga axudas económicas que se distribúen en contribucións para a viaxe (sobre 275€) e para o aloxamento, manutención e transportes locais (entre 3.611 e 4.922 €).

También te puede interesar