@catro_cafe elixe, na terceira semifinal, a dous novos finalistas do concurso MicroCatrorelatos | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@catro_cafe elixe, na terceira semifinal, a dous novos finalistas do concurso MicroCatrorelatos

Posted by on Abr 1st, 2017 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O café de Catro a Catro acolleu este venres a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastes”, de Pociñas Domar.

Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do 5ºB” e “Fada de terra”, e os dous de xaneiro, “Nunca antes vira o mar” e “As balas de koch”.

A calidade literaria dos textos presentados a esta terceira semifinal fixo que os resultados das votacións de público e xurado estivesen tremendamente igualadas, nalgún caso só con un punto de diferencia entre os textos. Segundo o xurado -integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas-, este feito amosa a boa saúde da creación literaria en Vigo e o interese que esperta ano tras ano o concurso MicroCatrorelatos.

A próxima semifinal terá lugar o 29 de abril e para participar nela é necesario enviar os orixinais antes do día 15 dese mes, ás 23.59 horas, ao enderezo microcatrorelato@gmail.com.

Os textos escollidos nesa eliminatoria uniranse aos seis xa elixidos e participarán na final do mes de maio. O xurado salienta que na final estarán en xogo dous premios: un correspondente ao outorgado polo xurado, que ascende a 300€; e outro outorgado polo público asistente, que consistirá en 200€.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM