Vigo al minuto

#ReconquistaVigo, ¡esta fin de semana botamos aos franceses da cidade!

Imaxes:vigoalminuto/O alcalde presentou este venres pola mañá os actos da Reconquista que terán esta fin de semana os seus días ‘fortes’. Abel Caballero salientou que abrangue representacións históricas da expulsión do exército francés por parte da cidadanía viguesa, música e animación na rúa e que a Reconquista ten vocación de constituírse “nunha das grandes festas de Galicia e queremos que de España” porque é unha “gran festa de recuperación da memoria, de escenificación e participación cidadá”

Os actos comezan mañá, sábado 1 de abril, coa apertura do mercado ás 10 da mañá; ás 11 desenvólvese o serán infantil na Praza da Pedra e ás 6 da tarde haberá regueifas no Berbés onde empezará, a esa hora, a inauguración da festa.

Tamén o sábado, dende as 5 da tarde, no espazo infantil habilitado no Berbés, haberá contos do Bardo Abelardo e, dende as 6 e media, música da man de Cé Orquestra Pantasma. O chamado Torreiro de Mahou, na rúa Chao, acolle actuacións musicais toda a tarde con Lembranzas da Ría, Chorouvia, Virapé e Monteira e Cuncheiros.

O domingo día 2 o mercado permanecerá aberto de 10 da mañá a 10 da noite; ás 11 comeza a demostración de oficios artesanais na Praza do Berbés, ás 11:30 animación infantil, ás 12:00, demostración de esgrima antiga no Berbés e ás 12:30 concerto da Banda da ETRAD na Praza da Constitución. Pola tarde, ás 6, realizarase a representación da Reconquista da cidade de Vigo.

Durante toda a xornada haberá actuacións no Casco Vello: ás 11:00 as Pandeireteiras de Candeán, ás 12:00 a Escola de Baile Casco Vello, ás 3 da tarde, a Escola Gaitas Casco Vello, ás 5 e media, as Pandereteiras da Travesía e dende as 8, Foliada Popular. Mentres, no Torreiro de Mahou (rúa Chao) ás 12:00 Laretas, á 1 da tarde Os Porcoteixos e ás 8 e media, a Murga de Traspés.

Con motivo da festa e a maior afluencia de pasaxeiros, o Goberno Municipal ofrecerá servizos especiais de transporte urbano. Así, o sábado e o domingo estará en funcionamento o autobús turístico con saídas desde Cánovas del Castillo ás 12:00 e ás 16:30. Durante os dous días de celebración, a liña C1 Circular Centro amplía o seu servizo cunha frecuencia máxima de 10 minutos e incrementa as últimas saídas ás 22:30 e ás 22:45.

Ademais, haberá un servizo especial para conectar Navia-Policarpo Sanz-Travesía de Vigo, ida e volta, co seguinte percorrido cunha frecuencia de trinta minutos: Teixugueiras, Porriño, Baiona, Redondela, Castelao, Camelia, Paseo de Alfonso, Puerta del Sol, Policarpo Sanz, Colón, Urzáiz, Travesía de Vigo, Rotonda Aragón en Travesía 193. As saídas comezan en Navia ás 10:12 horas e a última será ás 21:30 e as saídas de Travesía de Vigo serán desde 10:45 ata as 22:16 horas.

Asi mesmo, estará en marcha un dispositivo especial de seguimento do servizo para reforzar as liñas que o precisen en función da afluencia de pasaxeiros.

También te puede interesar