Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Persoal da sanidade privada volve á rúa para rexeitar a proposta de convenio da patronal de Pontevedra

O persoal da sanidade privada da provincia de Pontevedra volverá a mobilizarse -tras as protestas de 2011- para rexeitar a proposta de convenio colectivo achegada pola patronal. As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha concentración diante do Sanatorio Concheiro de Vigo –Avenida de Madrid,4- este luns ás 6 da tarde.

Dende os sindicatos promotores das protestas explican que tras oito reunións para negociar as condicións do convenio colectivo de Hospitalización e Internamento da provincia de Pontevedra “a patronal continúa a facer unha oferta absolutamente insuficiente”.

En concreto, critican que propoña un convenio a catro anos, comezando no 2017, o que supón dar por perdidos o 2014, 2015 e 2016. Ademais, o empresariado estaría disposto a asumir unicamente unha subida salarial do 0,50% para cada un dos anos 2017, 2018, 2019 e 2020. “Esta proposta significa, de feito, conformarnos cunha subida salarial do 2% de salario en sete anos”.

Ao mesmo tempo, rexeitan que non haxa ningunha outra mellora social nin de redución de xornada que permita compensar esta perda real de poder adquisitivo, excepto a equiparación salarial de enfermeiros e fisioterapeutas en catro años (2017-2020).

Diante disto, os sindicatos CIG, CCOO e UGT, presentes na mesa de negociación, rexeitan tanto a oferta coma a actitude da patronal e consideran necesaria a unidade dos traballadores para facer unha fronte común que permita desbloquear a negociación.

También te puede interesar