Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

#RíasBaixas por moitas razóns, presentación en Vigo da campaña turística de @depo_es

Posted by on Mar 30th, 2017 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Imágenes:vigoalminuto/A gala de presentación da campaña turística do destino Rías Baixas para 2017 non deixou a ninguén indiferente. O acto, que se celebra dende as 8 da tarde no Auditorio Mar de Vigo, está repleto de sorpresas, con música, expresións de cultura urbana e teatro entre outros atractivos.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, encabezao acto xunto co alcalde, Abel Caballero, anfitrión da gala que, ademais, está sendo emitida en directo vía streaming a través das páxinas web da Deputación de Pontevedra –www.depo.es– e Turismo Rías Baixas –www.turismoriasbaixas.com.

Ao longo da gala, conducida pola actriz Nieves Rodríguez, foron presentados os eixes da campaña do destino: os camiños de Santiago que cruzan la provincia, os #RíasBaixasFests, o enoturismo e a excelencia turística.

A entrada do Auditorio Mar de Vigo é o escenario do evento, no que se sucederán actuacións en diferentes formatos que sorprenden ás persoas asistentes. Ademais, as persoas responsables das empresas recoñecidas co certificado de calidade recibiron os seus distintivos durante a cerimonia.

“Rías Baixas por moitas razóns”

O lema da campaña do destino en 2017 é Rías Baixas “Por moitas razóns”, e a Deputación de Pontevedra escolleu como elemento promocional un xogo de matrioskas. As famosas bonecas desvelan os miles de motivos para visitar as Rías Baixas, agrupándoos en catro bloques principais: descubrir, camiñar, saborear e festexar. A institución provincial aposta este ano por promocionar o destino a través de grandes eixes vinculados á cultura, historia, o mundo da vide con Cambados como referente ao ser este ano a Cidade Europea do Viño, e a calidade da oferta turística da provincia.

Así, nunha das liñas a Deputación de Pontevedra promocionará as seis rutas xacobeas que cruzan a provincia: o Camiño Portugués tradicional, o Camiño pola Costa, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno, a Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla e a Ruta do Pai Sarmiento.

Os festivais de verán serán outro dos pratos fortes. Esta temporada o circuíto dos #RíasBaixasFests pasa de sete eventos a 8 + 1. O público desfrutará de novas edicións dos xa consolidados Atlantic Fest (30 de xuño e 1 e 2 de xullo), Cultura Quente (7 e 8 de xullo), PortAmérica (14, 15 e 16 de xullo), Sinsal Son Estrella Galicia (21, 22 e 23 do mesmo mes), SonRías Baixas (3, 4 e 5 de agosto), O Marisquiño (11, 12 e 13 de agosto) e Revenidas (18, 19 e 20 de agosto). A estas sete grandes citas, que o verán pasado atraeron a máis de 200.000 asistentes, sumaranse o 26 e 27 de agosto Vive Nigrán e a festa final Cidade Europea do Viño en Cambados, o 9 de setembro, para celebrar a capitalidade vitivinícola internacional da vila do Salnés.

O enoturismo é outro dos grandes eixes da campaña, coa promoción dos viños Rías Baixas en toda a franxa desde O Rosal, O Condado e A Paradanta ata O Salnés. Cambados terá un protagonismo especial tralo seu recoñecemento internacional como Cidade Europea do Viño, con diversas actividades patrocinadas pola Deputación de Pontevedra ao longo de todo o ano e a guinda da acción dos Festivais Rías Baixas en setembro.

Por último, a institución provincial apoia a excelencia turística do destino con distintas accións. As empresas e entidades recoñecidas co certificado SICTED xa superan as 200 e a previsión este ano é chegar como mínimo ás 250.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator