Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Concello probará na rúa Estorniño un pavimento que descontamina

O goberno local fará unha proba piloto na rúa Estorniño cun pavimento que combate a contaminación mediante un proceso de oxidación natural similar á fotosíntese das plantas. Trátase, explicou o segundo tenente de alcalde, dun tipo de baldosa homologada -cumpre todas as normas ISO e UNE- que xa foi probada por prestixiosos laboratorios con obras en servizo e as conclusións arroxan unha eficacia media do 60% na degradación de elementos contaminantes.

Esta iniciativa, salientou David Regades, “é unha mostra máis do valor engadido que reúnen as humanizacións que se veñen realizando na cidade que, ademais de renovar beirarrúas, pavimentos e servizos, fan unha aposta pola tecnoloxía, pola accesibilidade -semáforos con bluetooth ou fontes a distinta altura-, pola eficiencia enerxética -con leds e regulación da intensidade da luz- e incluso pola cultura”.

Durante a rolda de prensa, o tamén concelleiro de Fomento expuxo algúns exemplos de obras en marcha, comezando pola rúa Aragón, onde se vai instalar unha nova rotonda na confluencia con Bailén para lograr máis permeabilidade e máis seguridade vial. Gregorio Espino, onde se revestirán os muros do paso inferior con trencadís, facendo unha homenaxe ao mar de Vigo. Á rúa Doutor Corbal, que inclúe unha estación meteorolóxica didáctica e unha placa en recoñecemento ao coñecido como “médico dos pobres” que lle da nome á rúa. Á Rosalía de Castro, onde o Concello prevé instalar unha fonte tecnolóxica na nova rotonda que se construirá na confluencia con Serafín Avendaño. Á rúa Estorniño, onde ademais do pavimento descontaminante, colocarase un panel divulgativo con aves -dado que nesa zona a maior parte das rúas levan nomes de paxaro. A última das actuacións ás que se referiu Regades é a rúa Álvaro Cunqueiro, na que se opta de novo pola posta en valor do nomenclator das rúas mediante novas tecnoloxías e códigos QR.

También te puede interesar