vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Axentes Forestais e Medioambientais reclaman o recoñecemento e dignificación da súa profesión

Posted by on Mar 30th, 2017 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Máis de 200 axentes forestais e medioambientais, arredor dun 40% de todo o colectivo en Galicia, participaron en Santiago nunha asemblea informativa convocada polos sindicatos CIG, UXT e CC.OO. e pola Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA).

O encontro serviu para establecer as principais reivindicacións profesionais e laborais e dar conta dos logros conseguidos nos últimos meses.

A asemblea reclamou que a Administración avance de forma efectiva no recoñecemento e na dignificación do labor que exercen estes profesionais. Tal como explican os axentes forestais e medioambientais, é necesario que o goberno autonómico acceda a incrementar o seu nivel como funcionarios. Actualmente sitúanse no nivel 14, claramente inferior ao doutros grupos profesionais que se poden considerar equiparables e a todas luces inaxeitado para as funcións e responsabilidades que exercen os axentes forestais e medioambientais, tales como a dirección dos operativos para a extinción de incendios.

No mesmo sentido, o colectivo demanda un novo acordo sobre as xornadas, as horas extra e as compensacións por gardas, posto que o que se aplicou data de 2004, está claramente obsoleto e facilita interpretacións prexudiciais. Por exemplo, na actualidade a hora de garda págase a 1,39 euros, cantidade que constitúe un “desprezo para a profesión”. 

As organizacións sindicais e APRAFOGA agardan que a Xunta sexa receptiva ante as súas peticións e valorarán a resposta que ofrezan os responsables do goberno autonómico. Non obstante, non descartan medidas de presión no caso de que as reivindicacións sexan rexeitadas ou demoradas sen xustificación.

Na reunión, os representantes sindicais ofreceron ademais información sobre os procesos de acreditación profesional e de formación que a administración autonómica vai convocar nas vindeiras semanas, no marco do recente acordo entre as Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, ás que están adscritos os axentes forestais e medioambientais, e a Consellería de Educación, para a integración destes funcionarios no grupo B.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM