Galicia

Este xoves volve a cortarse o tráfico no Corredor do Morrazo de 4 a 7 da tarde

O Corredor do Morrazo rexistrará mañá xoves, día 30, un corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito II, concretamente, nun noiro da marxe esquerda do punto quilométrico 5+500. O corte ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

A lonxitude do noiro onde se está a traballar é duns 300 metros, polo que a súa voadura deberá facerse en tres fases, polo que ademais das actuacións de hoxe, tamén están previstas outras o martes que ven e unha máis o xoves, día 30.

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

Os cambios están establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

También te puede interesar