Ciencia y Tecnología

Víctor Freixanes será o novo presidente da Real Academia Galega

O escritor, profesor, xornalista e editor Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra,1951) será o novo presidente da Real Academia Galega (RAG) en sustitución de Xesús Alonso Montero. A súa candidatura é a única que se presentará este martes ao pleno da institución.

Freixanes, que ten o apoio do presidente sainte e dos académicos Margarita Ledo Andión e Antón Santamarina Fernández, é doutor en Filoloxía Románica, profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e  catedrático, en excedencia, de Lingua e Literatura Galega de Educación Secundaria.

Ingresou na Real Academia en febreiro de 2004, ocupando o lugar de Carlos Casares, co discurso ‘Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira’. De  2002 a 2016, foi director xeral da Editorial Galaxia e, hoxe é  codirector da revista Grial (Revista Galega de Cultura), xunto co tamén académico Henrique Monteagudo.

Entre 1988 e 1993, foi director xeral de Edicións Xerais de Galicia e dende o ano 2005 é presidente da Fundación Otero Pedrayo.

También te puede interesar