vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Cortes de tráfico nun dos carrís do túnel do Corredor do Morrazo, durante 8 días

Posted by on Mar 25th, 2017 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Corredor do Morrazo rexistrará a partir do vindeiro martes, día 28, e ata o mércores 5 de abril, restricións de tráfico nun dos carrís do túnel existente no subtramo I, baixo o Castro de Montalegre.  O obxectivo desta actuación é a realización de sondeos xeoténicos e avanzar nas obras de conversión en Autovía.

A restrición de tráfico establecerase o luns no carril dereito do corredor entre os puntos quilométricos 0+600 ao  1+200, en sentido Cangas, e e darase tráfico alternativo con sinalistas.

 O tráfico restrinxirase nese carril dereito entre as 09.30 e as 20.00 horas de luns a xoves, e de 9:30 a 13:00 horas o venres. Restablecerase o tráfico no carril fóra  deste horario.

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM