vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@ConcelloNigran instalará Wi-Fi de balde en catro espazos públicos ao remate do verán

Posted by on Mar 25th, 2017 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello de Nigrán instalará pasado o verán red inalámbrica wi-fi gratuita en catro plazas públicas do municipio e renovará a páxina web municipal, actualmente obsoleta. Dita actuación, cun custe estimado de 20.000€, será presentada ao Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) para obter axudas no  marco da nova convocatoria do programa Leader 2014-2020 (contempladas nas submedidas 19.2 e 19.4 do mesmo).  Esta acción se encadra nos tres principais compromisos do goberno: transparencia, participación e diálogo, aspectos que as novas tecnoloxías deben favorecer.

Os lugares seleccionados para permitir a conexión gratuita a internet sen necesidade de cableado son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa -no entorno do centro da terceira idade-, o entorno do Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e o da propia Biblioteca Municipal. Os usuarios deberán rexistrarse previamente e obterán acceso directo á nova web municipal, permitíndolles navegar libremente pola rede. Ao mesmo tempo, as diferentes conexións proporcionarán ao Concello información relevante sobre os intereses  dos veciños e visitantes de cara a implementar cada apartado.

“Concebimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas e entendemos as tecnoloxías da información como unha canle para facilitar a vida ás persoas, así que na medida das posibilidades do Concello queremos proporcionar puntos de acceso libre e gratuito en parques ou espazos municipais, como xa sucede nas cidades máis cosmopolitas do mundo. A idea é ir aumentando o número de lugares nos que a xente se poida conectar; hai que ter en conta que é unha medida que beneficiará aos veciños primeiramente pero tamén aos visitantes, especialmente aos estranxeiros, que aforran costes engadidos e poden obter información do municipio inmediata”, sinala o alcalde, Juan González.

Compre engadir que o Wi-Fi de acceso gratuito e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona… “É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño”, sinala o alcalde.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM