vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@depo_es súmase á ‘Hora do planeta’ e este sábado apagará as luces de todos os seus edificios

Posted by on Mar 24th, 2017 y archivado abajo 'Qué te cuentas?'. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Deputación de Pontevedra vén de sumarse á nova campaña da “Hora do Planeta” promovida todos os anos pola organización sen ánimo de lucro pola defensa da natureza e do medio ambiente WWF.

Baixo o lema “O Planeta primeiro, que ninguén te pare”, a data escollida este ano é o sábado 25 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 horas. Durante eses 60 minutos, todos os edificios da institución provincial terán as súas luces apagadas.

Este 2017 marca o décimo aniversario dende a posta en marcha da iniciativa “A Hora do Planeta”, que ten por obxectivo amosar o apoio da cidadanía, das entidades, dos concellos e demais institucións públicas, así como das empresas, á loita conxunta contra o cambio climático a través do xesto simbólico de apagar as luces durante unha hora. Cómpre salientar que 2016 foi o ano de máis calor rexistrado dende 1880 e que cada ano deste século bateu o récord de temperatura acadado o ano anterior.

Ademais, “A Hora do Planeta” deste ano ten un incentivo a maiores: a entrada en vigor do Acordo de París, a finais do ano pasado, contra o cambio climático. Este acordo internacional busca unha redución drástica das emisións de gases de efectos invernadoiro e o compromiso de diminución do consumo enerxético. Ademais, insta ás institucións públicas a informar e sensibilizar á cidadanía para que adopten unha forma de vida máis sa e responsable co clima.

Por estes motivos, a Deputación de Pontevedra está a promover esta acción medioambiental difundíndoa entre os medios de comunicación e a través da súa páxina web www.depo.es, ademais de enviarlles unha carta a todas as alcaldesas e alcaldes da provincia de Pontevedra co obxectivo de que todos eles se sumen a esta iniciativa.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM