Galicia Sucesos

Apagado o lume que queimou 20 hectáreas de monte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural ven de informar da extinción do incendio que empezou este sábado, preto das 6 da tarde, na parroquia de Venceáns,no  concello Entrimo.

O lume, dacordo con Medio Rural, quedou apagado este sábado a última hora logo de queimar 20 hectáreas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de extinción participaron dous axentes forestais, dúas brigadas e dous helicópteros.

Medio Rural lembra que hai un teléfono de balde, o 085, ao que os cidadáns poden chamar en cao de que vexan algún incendio no monte.

También te puede interesar