Comarcas

@ConcellodeNigran reabre a súa planta baixa sen barreiras físicas nen sensoriais

A pranta baixa do Concello de Nigrán reabriu esta semana completamente renovada despois de dous meses de obra para eliminar barreiras físicas e sensoriais. Os traballos, cun custe de preto de 133.000€, financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra, enmárcase na iniciativa ‘Un Nigrán para todos’, co que Concello e Centro de Educación Especial Juan María traballan para promover a inclusión e mellorar a accesibilidade física e sensorial en todo municipio.

A nova pranta baixa “reabre como un espazo aberto e moderno, eliminándose tódalas zonas acristaladas co obxectivo de facilitar a comunicación entre os traballadores e os veciños facendo delo un lugar máis agradable”, indican dende o Concello. Así, renovouse todo o mobiliario e ao longo dun gran mostrador, presenta unha zona máis baixa, para poder ser empregado polas persoas que usan cadeira de rodas, onde está o persoal da área económica do Concello (Recadación, Tesourería), departamento de atención cidadá e o  rexistro.

Outro dos obxectivos de esta reforma integral son os baños que agora son totalmente adaptados e mesmo con cambiador de cueiros.

Nesta obra non só se eliminaron todas as barreiras físicas, se non tamén as sensoriais. Así, o deseño dos pictogramas que indican cada departamento ou espazo fíxose conxuntamento cun equipo de traballo de ‘Un Nigrán para Todos’ co obxectivo de que poida ser comprensibles para tódalas persoas, sen necesidade de ler.

“O fin último de cada cousa foi mellorar a atención a toda a cidadanía eliminando as barreiras físicas e sensoriais para permitir unha comunicación e trato máis directos”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que se trataba dun espazo moi deteriorado polo uso, a carencia de reformas e cunha distribución pouco axeitada para o seu correcto funcionamento. “Non estaba adaptado ás normativas que foron xurdindo e, consecuentemente, presentaba graves problemas de accesibilidade”, recalca.

También te puede interesar