Destacados Sucesos

Drons da Axencia Galega de emerxencias súmanse á búsqueda de Ramón López, de 89 anos, desaparecido o luns

Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) súmanse este mércores á búsqueda de Ramón López González, de 89 anos, desaparecido o luns da súa casa en A Eirexa, no concello ourensán de Castro Caldelas.

Coma informou vigoalminuto, a familia deu a alerta aos servizos de Emerxencia a última hora do luns de que non sabían nada de Ramón dende as 6 da tarde cando saira a camiñar.

Axiña se deu aviso á Garda Civil, GES de Castro Caldelas e a Protección Civil e onte  xa se creara unha brigada que estaba na percura do desaparecido.

También te puede interesar